Faite voluntario

Compromiso, implicación, tempo, ganas, cariño... Todas son palabras que asociamos directamente co noso voluntariado, un elemento esencial para canalizar a solidariedade. En Cruz Vermella podemos levar a cabo moitas das nosas actividades grazas a que os voluntarios e voluntarias participan nas distintas fases da posta en marcha e desenvolvemento dos proxectos. Isto permítenos estar cada vez máis preto das persoas. Consulta aquí as nosas ofertas de voluntariado
Somos conscientes do valor engadido que achega o voluntariado a todos os labores que desempeña, o seu papel é fundamental na nosa sociedade e é unha canle básica de detección e atención de necesidades das persoas que peor estano a pasar por culpa da crise.
O número de voluntarios da Organización crece cada ano, actualmente contamos con máis de 20.000 persoas voluntarias en Galicia. Se che gustaría facer algo polos demais e formar parte desta gran familia, contámosche que pasos podes dar.
Podo ser voluntario?
Os perfís dos nosos voluntarios son variados e iso tamén é importante e enriquecedor porque desenvolvemos actividades moi distintas e porque traballamos con colectivos con necesidades diferentes. Se estás interesado en colaborar, invitámoste a contactar connosco e explicarémosche as cousas que facemos para que xuntos encontremos a actividade máis axeitada para ti. Ademais, recibirás formación e integraraste nun equipo de profesionais voluntarios e non voluntarios.
Para ampliar esta información, podes enviarnos o formulario que encontrarás nesta mesma páxina ou dirixirte á túa sede de Cruz Vermella máis próxima, hai 40 situadas en distintas localidades de Galicia.