Cruz Vermella utiliza cookies para mejorar su navegación y ofrecer contenidos de interés. Al navegar entendemos que autoriza a Cruz Vermella a almacenar y acceder a las cookies.Pinche el siguiente enlace si desea información sobre el uso de cookies y como deshabilitarlas.
Más informaciónAceptar
87 persoas participaron no I Encontro Dixital de Voluntariado da provincia de Pontevedra - Cruz Vermella
Esta mañá, 5 de decembro, coincidindo co Día Internacional do Voluntariado, Cruz Vermella Pontevedra organizou o I Encontro Dixital de Voluntariado no que participaron case un centenar de persoas de toda a provincia.
A xornada comezou co saúdo institucional da presidenta provincial, Mª Teresa Álvarez Quicler, que aproveitou para dar a coñecer os datos de tódalas acción e respostas realizadas durante este ano, destacando especialmente tódalas accións desenvolvidas no marco do Plan Responde. Por outra parte, tamén quixo agradecer a todo o voluntariado da provincia o seu apoio e colaboración durante a pandemia. “Sodes coñecedores de todo o traballo que realizamos durante estes meses e o gran reto que supuxo enfrontarnos a unha emerxencia desta magnitude”, destacou a Presidenta. E engadiu que “son tempos complicados, de grandes dúbidas, nos que a Cruz Vermella soubo estar a altura das circunstancias e soubo responder dunha forma rápida, áxil e eficiente demostrando porque somos a maior Organización de voluntariado do mundo”.
A continuación, o doutor Adolfo Baloira, Xefe do departamento de Pneumoloxía do CHOP e recentemente recoñecido pola revista Forbes como un dos mellores médicos de España, deu a conferencia “Situación da Covid-19 na provincia de Pontevedra”. Durante a súa intervención, o doutor Baloira explicou dun modo moi claro e ameno que son os coronavirus, como nos afecta a Covid-19, as consecuencias que pode provocar, repasou os síntomas máis frecuentes da enfermidade e compartiu os últimos datos da provincia. Tamén aproveitou para falar sobre os tratamentos que se están aplicando e sobre as vacinas que están en curso, un tema moi interesante que espertou moitas dúbidas entre os asistentes. O final da ponencia respondeu ás cuestións que xurdiron, por exemplo sobre a fiabilidade das vacinas. “Cando se proba unha nova vacina é porque ten garantías. Se collemos calquera das vacinas que se están estudando, como por exemplo a de Moderna, xa se probou en máis de 40.000 persoas nun período mínimo de seis meses. Sempre pode aparecer algún efecto secundario, pero se existe a máis mínima dúbida de que existe un efecto adverso páranse tódolos estudos, aínda que eses efectos non teñan nada que ver con ela. É practicamente imposible que teñan efectos secundarios. Que pode provocar? Despois do pinchazo unha lixeira molesta como pasa coa vacina da gripe ou unha pequena reacción inflamatoria na zona. Pode producir durante unhas 12 horas unha febre lixeira. Polo que sabemos ata gora a capacidade para crear anticorpos é brutal. Serán vacinas que haberá que poñer cada certo tempo, non sabemos se tódolos anos, bianual ou máis, porque para iso necesítase tempo”, explicou o doutor que deixou claro que é o único que vai a axudar a cambiar a situación actual. “As vacinas son o tratamento que máis vidas logrou salvar no mundo”, apuntou.
Para rematar o acto, que foi conducido e amenizado pola nosa voluntaria Irene Otero, as persoas participantes puideron desfrutar dun taller de cociña a cargo do chef Iago Crego, Xefe de cociña en diversos restaurantes internacionais e contribuidor na lista de grandes chefs británicos. Deleitou ós asistentes ensinando a preparar diferentes pratos rápidos e sencillos. De primeiro preparou Hummus con langostinos, de segundo unha ensalada de pulpo e de postre unha mousse de chocolate, tomando como únicos ingredientes unha tableta de chocolate e auga. Durante a súa intervención , deu varios consellos culinarios como, por exemplo, como conseguir que o polbo quede brando, asustándoo ou conxelándoo. Tamén foi resolvendo tódalas dúbidas que foron aparecendo.
Actualmente, en toda a provincia de Pontevedra, Cruz Vermella conta con 2.136 voluntarios e voluntarias en activo que aportan o seu tempo e coñecementos en axudar a outras persoas sen agardar nada a cambio. Ó longo deste 2020, na provincia invertéronse máis de 20.800 horas en accións voluntarias. Dende o comezo do ano, houbo 348 altas entre novos voluntarios/as e colaboradores durante o confinamento. É especialmente destacable que dende o comezo da pandemia por la Covid-19 mobilizáronse 556 persoas dentro do Plan Responde.
O encontro anual é un recoñecemento e agradecemento de todas e cada unha das persoas voluntarias da Institución pola súa solidarizade e pola seu labor incalculable que fai posible que sigamos atendendo e dando resposta ás persoas máis vulnerábeis.