Cruz Vermella utiliza cookies para mejorar su navegación y ofrecer contenidos de interés. Al navegar entendemos que autoriza a Cruz Vermella a almacenar y acceder a las cookies.Pinche el siguiente enlace si desea información sobre el uso de cookies y como deshabilitarlas.
Más informaciónAceptar
Cruz Vermella Pontevedra arrancou a campaña “No emprego, unidos polo talento” - Cruz Vermella
Cruz Vermella iniciou a campaña “No emprego, unidos polo talento”, dirixida ás empresas da provincia e que ten como obxectivo promover a igualdade de oportunidades e de trato no emprego, á vez que se anima a novas empresas a sumarse ó noso Plan de Emprego e a manter unha alianza de colaboración con Cruz Vermella.
Durante a mañá de onte, a presidenta provincial, Mª Teresa Álvarez Quicler, entregou ó presidente do Centro Comercial Urbano Zona Monumental de Pontevedra, Miguel Ángel Lago, e á presidenta do Centro Comercial Local A Estrela de Marín, Isabel Torres, botes de hidroxel e porta máscaras, que serán repartidos entre os establecementos que forman parte de estas asociacións. En total, entregáronse máis de 1.000 unidades que se enmarcan dentro desta campaña de sensibilización.
Do mesmo modo, Cruz Vermella Vigo procedeu ó reparto e á difusión desta iniciativa nas asociacións de empresarios do mercado do Berbés, na de comerciantes e hostaleiros de Vigo Vello, na de comerciantes do mercado de Teis e na Asociación de comerciantes do mercado de O Calvario. Con esta acción, na que se entregaron 1.100 unidades de xel hidroalcohólico e 1.100 porta máscaras, chegouse a 220 empresas.
As empresas desempeñan un papel fundamental na creación de oportunidades para as persoas en risco de exclusión social que acoden á Organización. Actualmente, Cruz Vermella en Pontevedra e Vigo conta con 234 empresas de tódolos tamaños e sectores que colaboran no Plan de Emprego de Cruz Vermella, contribuíndo á construción dunha sociedade máis xusta tanto en materia de emprego como no desenvolvemento de proxectos sociais. No último ano, 690 persoas participaron neste programa nas dúas comarcas, das que 496 conseguiron un posto de traballo.
Esta campaña forma parte do proxecto Reto Social Empresarial, do Plan de Emprego de Cruz Vermella, que se leva a cabo coa financiación do Goberno de España e do Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES).