Nova embarcación de salvamento para Cruz Vermella de Galicia

Xa está en servizo a embarcación de salvamento "LS Condesa de Pardo Bazán". Trátase de un barco de 11 metros de eslora e 3,90 de manga, dotado con dous motores MAN de 240 CV e dous hidrojet Hamilton, que lle permiten superar os 25 nudos de velocidade.
O barco foi doado pola Xunta de Galicia, xa que anteriormente prestou servizo nos Gardacostas de Galicia baixo o nome "Serra do Galiñeiro".
As probas de mar foron o pasado mes de setembro, tras ser novamente botada coa presenza da Presidenta Autonómica da Cruz Vermella.
A sua primeira singra en servizo como embarcación de salvamento foi o pasado 10 de outubre, e o mesmo día ás 18:35 realiza a sua primeira emerxencia derivada polo centro de control de Salvamento Marítimo na Coruña.
A súa base é a base de salvamento marítimo de Cruz Vermella na Coruña.