Centro de coordinación de Galicia

O Centro de Coordinación é un espazo multidisciplinar de atención destinado á correcta xestión das demandas de asistencia en emerxencias.
Funciona as 24 horas do día e os 365 días do ano coordinando os recursos asistenciais nos programas de Transporte Sanitario, Salvamento Marítimo, Teleasistencia, Xeolocalización, dando soporte a tódolos proxectos de Cruz Vermella e recollendo as demandas da poboación.
Está en conexión permanente co sistema de atención de Cruz Vermella Española, tanto para as cuestións de emerxencia como para a atención a poboación a través do 902 222 292. Está tamén en permanente coordinación coas centrales de atención do 112-Emerxencias, 061-Urxencias Sanitarias, Policía Nacional, Garda Civil e o control de Salvamento Marítimo.
O Centro de Coordinación dispón dos medios humanos, profesionais e voluntarios, formados na capacidade de adoptar decisións para axuda inmediata, e dos medios técnicos de última xeración para facilitar a adopción e transmisión das mesmas dunha maneira planificada, homoxénea, áxil e coherente cos principios fundamentais da Cruz Vermella.
Podes saber máis dos nosos centros de Coordinación nestes vídeos: