Cruz Vermella O Salnés
Plaza de la Constitución, 3 | 36600 | | Vilagarcía de Arousa, Pontevedra
986 512 244
http://www.facebook.com/cruzrojapontevedra
de luns a xoves de 08.00 a 15.00 h e de 16.00 a 19.00 h. Os venres de 08.00 a 15.00 h
Traballamos en: Vilagarcía, Vilanova, Illa, Cambados, Meis, Meaño e Ribadumia
Na Cruz Vermella do Salnés esforzámonos cada dia en estar "Cada vez + preto das persoas", unindo esforzos e traballando coordinadamente cos demáis axentes sociais.
A nosa sede está en Vilagarcía de Arousa. Nela acollemos dende 1998 o Albergue de Transeúntes, con capacidade para dez persoas e que conta con servizos de: aloxamento, hixiene, cea, almorzo, información, asesoramento e sesións formativas sobre hábitos saudables.
Os nosos maiores poden disfrutar de acompañamentos domiciliarios, respiro familiar, obradoiros de estimulación de memoria e psicomotricidade, teleasistencia domiciliaria, actividades interxeneracionáis, excursións...
Para as persoas inmigrantes poñemos a disposición clases de español, alfabetización, servizo de información e asesoramento, orientación na busca de emprego, acompañamento a xestións...
Apoyo escolar, mediación social e actividades medioambientáis son parte das actividades programadas para a infancia en dificultade social.
A prevención na adolescencia está presente a través dos obradoiros de saúde e prevención de conductas violentas, que levamos a cabo en centros educativos.
O noso Punto de Información Laboral está aberto a tódalas persoas que precisen asesoramento na busca de emprego.
Na actualidade, o esforzo do noso voluntariado centrase en atender de xeito integral a tódalas persoas que están en situación de extrema vulnerabilidade debido á situación económica na que nos atopamos. Entre as medidas adoptadas a través do chamamento "Agora máis que nunca", temos axudas e prestacións de : alimentos, material de hixiene, productos farmaceuticos, material escolar e merendas, axudas económicas para o pago de suministros, e calquera outra intervención que -previa valoración técnica- se considere necesaria para dar resposta a una situación de emerxencia social.
-
Finanzas para Mortais: unha maneira fácil de entender a economía
-
“Esta vida non a quero. Ódioa. Quero enderezar a miña vida”
-
“Non sei que sería de min e da miña familia sen a axuda da Cruz Vermella”
-
Monitor/a de actividades de Cruz Vermella Xuventude
- Área:
- Infancia e xuventude
- Sedes:
- Cruz Vermella O Salnés
-
Docente de clases de español para persoas solicitantes e beneficiarias de protección internacional
- Área:
- Persoas refuxiadas
- Sedes:
- Cruz Vermella O Salnés
-
Asesor/a xuridico para persoas solicitantes e/ou beneficiarias de Protección Internacional
- Área:
- Persoas refuxiadas
- Sedes:
- Cruz Vermella O Salnés